BENVIDOS Á ESCOLA INFANTIL PIOLÍN

 

A través das seguintes páxinas, trataremos de que coñezas un pouco mellor todo o relacionado co funcionamento da nosa Escola Infantil.

Como directora da Escola Infantil Piolín compráceme darche, pai ou nai, a benvida á escola e enviarche un cordial saúdo, invitándote ademais a coñecer as instalacións, a metodoloxía, o funcionamento, as actividades e o persoal do noso centro, información que atoparás ao longo das distintas seccións que conforman este sitio web.

Será un pracer tanto para min como para o resto do equipo educativo, atenderte cando  o consideres necesario co fin de aclarar posibles dúbidas ou temores sobre o coidado e a educación que teu fillo/a  recibe dentro da escola e fóra da mesma.

Co desexo de que a túa satisfacción coa nosa escola sexa a maior posible, recibe un cordial saúdo e benvido/a.

Belén Muíña.

 

 

 

 

 

Avenida Mahía, S/N 15220 Ames 981 890 901Aviso Legal