UNIDADES, HORARIOS, O EQUIPO EDUCATIVO E SERVIZOS.

 

A nosa escola conta con catro unidades nas que se realiza o traballo cos nenos/as diferenciados por idades.

Ofrecemos un amplo horario, adaptado ás vosas necesidades. O centro está aberto todo o ano.
O noso horario, ininterrompido de luns a venres é de 7:30 h. a 20:30 h.

Contamos con servizo de comedor. Os horarios das comidas son:

  • Almorzo: de 7:30 h. a 9:30 h.
  • Comida: ás 13:00 h.(salvo os lactantes)
  • Comidas illadas.
  • Merendas: ás 17:00 h.

Contamos cun servizo propio de cociña e os nosos menús son variados, equilibrados e adaptados aos máis pequenos.

Celebramos festas, relacionándoas e organizándoas en función das unidades didácticas: festas de Antroido, Nadal, etc.…

A nosa labor docente céntrase en axudar aos nenos/as a construír e adquirir novas capacidades de coñecemento que fortalezan e desenvolvan as súas competencias para o seu correcto desenvolvemento.

 

 

 

 

 

 

 

 

Avenida Mahía, S/N 15220 Ames 981 890 901Aviso Legal